jueves, 21 de febrero de 2013

Inmersión lingüística en inglés en España

idiomasO Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2013.
Requisitos:a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996 e estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato
Ensinanzas profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
b) Ter obtido no curso 2012-2013 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de marzo de 2013.
Máis información no BOE do 19 de febreiro de 2013 e en www.educacion.es

No hay comentarios: