jueves, 14 de febrero de 2013

Programa eduemprende – Actúa

A actividade emprendedora como chave para o teu futuro.


Acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos e de bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.

Qué se pretende acadar? 
  • Actualizar os conceptos de empresario, emprendedor e actividade emprendedora.
  • Achegar a realidade emprendedora ao centro educativo coa presenza activa do persoal técnico
  • do IGAPE e dunha persoa emprendedora que de a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal.
  • Por en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.
  • Dar a coñecer entidades que orienten, axuden e sirvan de soporte para a canalización da iniciativa dos emprendedores.

A quén vai destinado? 
  • Alumnado de segundo curso de ciclos formativos de grao medio e superior e de bacharelato que estean a cursar “Economía”e “Economía da empresa” de centros sostidos con fondos públicos de Galicia que desenvolven proxectos de empresa nalgunha materia dos seus currículos.
  • Os centros seleccionados para esta primeira acción pertencen ás catro provincias.

Cándo e onde se vai desenvolver a actividade? 
  • Do xoves, 14 de febreiro de 2013 ata o mércores 20 de marzo de 2103.
  • Listaxe de centros educativos participantes por provincias. Facendo click na provincia atopará os centros, localidades e datas de celebración:





Cómo se vai desenvolver? 
  • Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.
  • Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoa.
emprendedora que comparta co alumnado a súa experiencia persoal.
  • Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.

No hay comentarios: