lunes, 4 de febrero de 2013

VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa


ponte_brincarCo lema "PONTE A BRINCAR O PATRIMONIO LÚDICO" a asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política lingüística, convoca o certame de Recolla da Tradición Oral galego-portuguesa, co obxetivo de descubrirlle as novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural común.
Proponse aos centros educativos da Eurorrexión o exercicio da recolla,transmisión e difusión dos xogos tradicionais e do tempo de lecer.
Categorías:
Poden participar equipos de alumnado e de profesorado nas categorías:
Ensino Primario, secundario, bacharelato, ensino profesional e Universidade.
Premios:
Ensino Primario: 1º Premio 500€, 2º Premio 300€.
E. Secundario-ESO: 1º Premio 500€, 2º Premio 300€.
Bacharelato: 1 º Premio 500€, 2º Premio 300€.
Ensino Profesional: 1º Premio 500€, 2º Premio 300€.
Ensino Universitario:1º Premio 500€, 2º Premio 300€.
Presentación dos traballos: a recolla pode realizarse en audio ou en vídeo e deberá ser presentada en formato dixital.
O prazo de entrega dos traballos remata o día 1 de xuño de 2013.
Máis información:http://www.pontenasondas.org

No hay comentarios: