lunes, 25 de febrero de 2013

Roteiros para a xuventude

roteiros2012Roteiros para a xuventude


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha, un ano máis, Roteiros para a xuventude, un programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
 Os obxectivos xerais desta actividade son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e o coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o asociacionismo da mocidade galega, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente de grupo.

Destinatarios:
Persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
 Inscricións:
Os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, desde o día 26 de febreiro de 2013, aos números 981541689 / 981545822 / 981545937 / 981545702 e, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
 Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas.
 No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso.
 Documentación necesaria a presentar
  • Xustificante do pagamento e copia do Carné Xove, de ser o caso, que deberá ser remitido á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ao  enderezo electrónico roteiros.ctb@xunta.es.
  • Non se considerará confirmado ningún participante ao que lle falte algún dos documentos mencionados con anterioridade.
 Aclaracións de interese
  • De non realizarse o pagamento da cota no prazo máximo de 48 horas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada.
  • Procederase á devolución da cota cando, por causas non imputables ao interesado, o servizo non se preste ou cando a Administración anule a actividade de que se trate.
Máis información
www.xuventude.xunta.es
 Normas de desenvolvemento da actividade
  • Lémbrase aos/ás participantes da necesidade de respectar o descanso do resto das persoas, tanto das inscritas na actividade como das alleas a esta.
  • Ao comezo da actividade, os monitores solicitarán a cada un dos participantes a presentación do DNI ou documento acreditativo semellante.
  • Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluído da actividade.
  • Calquera cambio na titularidade da praza debe ser consultado e autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, 10 días antes do comezo da actividade.
  • É imprescindible saber nadar.
  • As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.
  • As actividades do devandito programa son obrigatorias e a non execución destas, é motivo de expulsión, a non ser que exista causa xustificada.
  • É aconsellable chamar ao teléfono de contacto da empresa organizadora das actividades, co fin de obter información máis polo  miúdo da ruta, das características do aloxamento, do material necesario…
  • A hora da incorporación á actividade é o venres entre as 19:00 e 20:00 horas. O remate desta, será o domingo antes do xantar.
  • A cobertura das actividades non inclúen os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolven as actividades.
  • É moi importante utilizar un calzado axeitado, resistente, flexible e impermeable, xunto cuns calcetíns gordos que permitan que a bota e o pé estean axustados para evitar rozaduras.
  • Compre ter a man sempre algo de roupa de abrigo e para a choiva.
  • Nos días de moito sol é recomendable levar protección solar.
  • Non esquezades a tarxeta sanitaria e os útiles de aseo.

Instalación
Albergue Xuvenil de Gandarío – Bergondo (A Coruña)
Número de prazas
30 prazas por fin de semana
Datas de realización
Marzo: do 15 ao 17 e do 22 ao 24
Cota de inscrición
A cota de inscrición será de 54, 45 €
Os/as posuidores/as do Carné Xove, pagarán 49 €
 Actividades
  • Padelsurf
  • Wakeboard
  • Windsurf
  • Vela
  • Kaiak
  • Inchable de arrastre acuático  wakeboard

Equipamento necesario
  • Saco de durmir
  • Calzado cómodo, chancas para as actividades no mar e traxe de baño.
  • Neceser de aseo
  • Toallas
Cobertura das actividades
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto múltiple.
  • Transporte no ámbito da actividade.
  • Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento.
  • Traxe de neopreno, licra identificativa e chaleco salvavidas.
Programa de actividades
  • Venres
19:00 h. Recepción dos participantes
20:30 h. Cea
Actividade nocturna
  • Sábado
8:30 h. Erguerse
9:00 h. Almorzo
Actividades pola mañá:  Padelsurf e wakeboard
14:00 h. Xantar
Actividades pola tarde: Windsurf e vela
20:30 h. Cea
Actividade nocturna
  • Domingo
8:30 h. Erguerse
9:00 h. Almorzo
Actividades pola mañá: Kaiak, inchable de arrastre acuático wakeboard
13:30 h. Fin da actividade

No hay comentarios: