martes, 12 de febrero de 2013

A Xuventude no Mundo: intercambios xuvenís a Italia, Xapón e Rusia.

 Dentro do programa de mobilidade “A Xuventude no mundo” a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca os primeiros intercambios xuvenís a realizarse durante o 2013, enmarcados dentro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países:

Pais
Lugar de intercambio
Nº de prazas
Data de realización
Temática
Data de inscrición
Italia
Ossana – Trento
(Fundazione San Vigilio)
12
16 a 23
marzo
“Tradición e innovación. Redescubrir o pasado para crear o futuro”
11 a 18  febreiro
Rusia
Concello de Novodevyatkinsky – San Petesburgo
14
22 a 29
abril
Búsqueda de emprego na xuventude
11 a 18 febreiro
San Petesburgo
(Instituto de San Petesburgo da Educación humanitaria)
10
29 de abril
6 de maio
Orientación profesional para a xuventude
19 a 26 febreiro
Xapón
Perfectura de Wakayama
14
8 ao 15
xullo
“Dous camiños, dúas culturas”
1 a 10 marzo

Obxectivos: facilitar  o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e  favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran  en anteriores edicións de A Xuventude no Mundo.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para cada intercambio. Os/As solicitantes seleccionados recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
Confirmada a praza nos 4 días seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a mobilidadexuvenil@xunta.es :
-          unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo
-          unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e  de enfermidade
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente aos seleccionados seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio
Realizaranse os intercambios se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada intercambio.
Cobertura dos intercambios
-          Aloxamento  en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
-          Trasporte no ámbito do intercambio
-          Actividades organizadas pola entidade de acollida
-          No intercambio a Xapón: 3 días de estancia con familias xaponesas
Será a cargo do/a participante:
-          Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
-          Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade
-          Os gastos de obtención do visado, para os intercambios a Rusia

Rusia: visado.- Os gastos do visado serán por conta do/a participante, destacando que o seguro de viaxe e enfermidade servirá como parte da documentación para a expedición do visado.
Aos /ás seleccionados para os intercambios a Rusia seralles facilitada por parte da organización unha carta de invitación da entidade de acollida en Rusia para os efectos de solicitude do correspondente visado, para o que é requisito indispensable enviar ao enderezo electrónico que se lles facilitará oportunamente unha fotocopia escaneada do pasaporte.(pola páxina dos datos-foto).
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se responsabiliza de que aos/as seleccionadas nestes intercambios para Rusia non se lle sexa concedido o visado.
Xapón: estancias con familias xaponesas.- Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 xóvenes xaponeses, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia nos seis primeiros meses do 2014.
 Recomendacións de aeroportos máis cercanos ou estacións para chegar ao lugar de destino do país de celebración do intercambio:
Ossana -Trento (Italia).- dúas posibilidades:
  1. Aeroporto Marco Polo de Venecia (VCE) / aeroporto de Treviso (TSF) e despois tren ata Verona – Trento e finalmente tren ou autobús ata Ossana
  2. Milano (MXP, LIN) ou Bérgamo (BGY) e despois:
-           autobús directo a Ossana
-          Tren Milano – Verona – Trento e despois autobús ou tren ata Ossana
San Petesburgo (Rusia).- Aeroporto de San Petesburgo
Wakayama (Xapón):- Auroporto de Kansai
FORMULARIO DE SOLICITUDE
 Máis información:
xuventude@xunta.es
981 544645 /981 544869

No hay comentarios: