Aula
Xuventur está dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria
(ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que curse os
seus estudos nos centros de ensino galegos e non teña cumpridos os 18
anos.
MÓDULO I. MARZO
MARE NOSTRUM
O módulo I da edición de Aula Xuventur 2013 terá lugar no albergue
xuvenil de Gandarío, coa actividade Mare Nostrum, na que poderán
participar ata 240 mozos e mozas galegos/as.
QUENDAS
MARZO
- Luns 4, martes 5, mércores 6
- Mércores 6, xoves 7, venres 8
- Luns 11, martes 12, mércores 13
- Mércores 13, xoves 14, venres 15
- Luns 18, martes 19, mércores 20
- Mércores 20, xoves 21, venres 22
A hora de chegada ao albergue será ás 11:00 horas da mañá do primeiro
día e a hora de saída será ás 12:00 horas da maña do último día.
PARTICIPANTES
Alumnos/as de entre 12 e 17 anos que estean cursando educación
secundaria obrigatoria (ESO), 1. ° curso de bacharelato e 1. ° ciclo de
grao medio.
40 prazas por quenda (incluíndo, como máximo, 2 profesores gratis).
DESCRIPCIÓN
Obxectivo xeral do programa: Interactuar en primeira persoa e
vivencialmente co entorno e coa vida mariña, a través de diferentes
actividades lúdico-formativas.
Obxectivos específicos: saber máis sobre os recursos etnográficos e
culturais do entorno mariñeiro das Rías Altas, en concreto, da Ría de
Ares e Betanzos; practicar as diferentes artes de pesca tradicionais en
relación co entorno e as súas xentes; educar en valores, mediante o
deseño dunha estratexia transversal durante o programa, fomentando a
cooperación entre os/as participantes; fomentar hábitos de vida
saudables, así como prácticas responsables en relación o medio mariño e o
seu contorno mediante a navegación en barcos de vela.
ACTIVIDADES
O programa desenvolverase cunha metodoloxía activa baseada na
participación e interacción dos/as rapaces/as, como protagonistas do seu
propio proceso de aprendizaxe, co “entorno do mar”.
Primeiro día:
- Bioloxía mariña: xeocaptura “O intermareal” (fauna e flora da ría) o marisqueo.
- Práctica con diferentes ferramentas para o marisqueo.
- Fauna e flora da Ría de Ares e Betanzos: as especies, as algas, o hábitat,...
- O cultivo das diferentes especies polo home: procesos de cultivo e recolección.
- As ferramentas de traballo: o raño, as nasas, as redes,...
- O porto pesqueiro e o porto deportivo.
- Saídas a navegar en raqueiro a vela.
- A navegación a vela: historia, antecedentes, usos para a pesca, o vento, cadro de nós mariñeiros, tradicións da vela mariña...
- Arbolar un barco de vela.
- Nomenclatura básica náutica e de navegación.
- Rumbos.
Segundo día:
- Visita á lonxa e ao porto pesqueiro e deportivo de Sada.
- Visita ao porto pesqueiro e identificación de barcos de baixura.
- Visita a lonxa e probar o mecanismo da subhasta de peixe e mariscos da ría.
- Diferenciar os diferentes botes e barcos de pesca.
- Coñecer a profesión dende as vivencias dos mariñeiros/as. A man do home, a puxa, a lonxa, a venda de peixe e marisco da ría.
- Bioloxía mariña: xeocaptura “O intermareal” (fauna e flora da ría) o marisqueo.
- Saídas a navegar en raqueiro a vela. (Cambios de grupos do día 1).
Terceiro día:
- Xogos tradicionais nas vila mariñeiras: a rá, a chave, a sogatira, os trompos, bolos celtas….
- Actividades de noite “Veladas”.
- Descubrindo a Ría de Ares e Betanzos: Unha busca do tesouro ou un trivial na instalación.
- O mar en perigo?: videoforum, o mar e o cambio climático creando un xogo de rol playing coa temática.
- Actividades alternativas en caso de choiva.
- Visita a fábrica de Sargadelos de Sada.
- Gran Parchís das Rías Altas.
- A debate: “O home e o mar”; “As vedas”; “O furtivismo”.
SERVIZOS INCLUÍDOS
- Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío en réxime de pensión completa.
- Programa de actividades, monitoraxe e material necesario para o correcto desenvolvemento da actividade.
- Desprazamentos durante as actividades.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
NON SE INCLÚE
O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue, e o de volta dende o albergue ao centro escolar.
EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES
Deberán levar os seus útiles de aseo persoal, toallas, chancletas
para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga (chuvasqueiro),
botas de montaña, calzado deportivo e bañador.
Recoméndase unha mochila e é indispensable un saco de durmir. Como
equipamento opcional recoméndase un traxe de neopreno e licra (no caso
de non dispoñer del, facilitarao a organización).
INSCRICIÓNS E RESERVAS
A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, dende a
páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado:
www.xuventude.net.
A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.
Cada centro de ensino poderá solicitar e participar en diferentes quendas, ata cubrir as prazas.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comezará o día 25 de febreiro ás 10:00 horas, e
finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario
estará dispoñible na páxina web: www.xuventude.net. Non se admitirán as
solicitudes cuxa data e hora sexa anterior á sinalada.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles.
No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao
enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición, un correo
no que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non
recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que
non se obtivo a praza.
Unha vez comunicada a adxudicación de prazas ao centro educativo por
correo electrónico, este disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a
documentación correspondente, que se sinale na comunicación de
adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso
contrario, poderá ser excluído do programa.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
- Son viaxes en grupo e, en consecuencia, débense respectar os
horarios establecidos, tanto para as saídas programadas como para os
servizos opcionais. Así mesmo, durante o desenvolvemento da actividade
deberá manterse un comportamento acorde coas normas de convivencia e un
trato correcto cos demais participantes e co persoal da organización.
- Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
- As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha
parte do programa ou servizo. Poderá tamén cancelarse, no caso de que
sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
- A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.
- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar
calquera dos programas, no caso de que non exista un número mínimo de
participantes.
- Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que
alteren o desenvolvemento normal da actividade, a persoa poderá ser
expulsada do programa.
- Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se
fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará
ningunha cantidade económica.
- Será necesario levar a tarxeta sanitaria durante a viaxe.
DEVOLUCIÓN DA COTA DE PARTICIPACIÓN
Só se procederá á devolución da cota de participación cando, por
causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou
a Administración cancele a actividade.
Descarga aquí o pdf informativo
Formulario de Solicitude |
No hay comentarios:
Publicar un comentario