lunes, 4 de febrero de 2013

Promocións Carné Xove: Campus Lecer


Campus_Lecer_2013Que é Campus Lecer 2013?
É un programa de formación continua dirixido a persoas maiores de 18 anos, estudantes e profesionais do eido do tempo libre e da educación en Galicia. Quere achegar unha formación específica e práctica moi concreta e amena que sirva para una mellor formación profesional e persoal. É una oferta de obradoiros e monográficos especializados, de xornadas de convivencia e de intercambio de ideas e iniciativas do ámbito educativo, artístico, ambiental e deportivo. 
Por que ‘Campus Lecer 2013’?
Porque unha boa profesional e un bo profesional deben formarse continuamente para ofrecer o mellor servizo á sociedade.
Porque deben ter recursos suficientes e un bo manexo dos mesmos para mellorar a súa práctica profesional e, por suposto, a súa empregabilidade.
Porque existen formas de aprender e formarse de xeito atractivo, ameno e diferente.
Por iso en ‘Campus Lecer 2013’ queremos achegar as mellores e máis axeitadas ferramentas, sen esquecer o importante do intercambio de inquedanzas. Un xeito diferente de aprender, mellorar e disfrutar da túa formación e do teu tempo de lecer.
Con que contamos?
Contamos cun equipo de profesionais cunha ampla experiencia de máis de 15 anos no tempo de lecer, a Educación Social e a Pedagoxía e nas modalidades educativas, artísticas, ambientais e deportivas que vos presentamos.
Ademais existe a posibilidade dun bolseiro de traballo onde poñer en práctica as túas habelencias persoais e profesionais e onde podes presentar as túas iniciativas.
ÁREAS TEMÁTICAS
  • EDUCACIÓN E LECER
  • ARTES ESCÉNICAS E PLÁSTICAS
  • EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACTIVIDADES NA NATUREZA
  • DEPORTES ALTERNATIVOS
QUENDAS:
En Celanova:
FEBREIRO
23 - 24 CONTACONTOS
MARZO
02 - 03 INICIACIÓN Ó CLOWN
09 - 10 TEATRO APLICADO Ó LECER
16 - 17 ACTIVIDADES DE LECER PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
23 - 24 DESEÑO DE PROXECTOS DE LECER EDUCATIVO
ABRIL
13 - 14 XOGOS ADAPTADOS E DEPORTES ALTERNATIVOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
20 - 21 MATCH DE IMPROVISACIÓN (XOGO/DEPORTE TEATRAL)
27 - 28 ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O LECER
MAIO
04 – 05 CONTACONTOS
11 - 12 INICIACIÓN Ó CLOWN
11 - 12 INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA
25 - 26 DESEÑO DE RUTAS DE INTERPRETACIÓN AMBIENTAL
XUÑO
01 - 02
DEBUXO ARTÍSTICO APLICADO Ó LECER

08 - 09 XESTIÓN DE ASOCIACIÓNS E ENTIDADES XUVENÍS E CULTURAIS
08 - 09 INICIACIÓN Ó STOP MOTION
15 - 16 RISOTERAPIA
15 - 16 ESCALADA EN ROCÓDROMO
En Manzaneda:
MARZO
02 - 03 XOGOS E DINÁMICAS GRUPAIS ALTERNATIVAS
16 - 17 ACTIVIDADES PARA O LECER NA TERCEIRA IDADE
30 - 31 ACTIVIDADES PARA O LECER EN LUDOTECAS
PARTICIPANTES:
Dirixido a persoas maiores de 18 anos, monitoras e monitores de tempo libre, directoras e directores de tempo libre, educadoras e educadores... e público interesado en xeral. Non hai límite de idade.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Podes inscribirte dende xa. O prazo rematará 7 días antes do fin de semana no se realice o curso monográfico.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
Primeiro realizarase unha preinscrición por correo electrónico ( campuslecer@gmail.com) indicando o teu nome completo, correo electrónico, teléfono e curso/s no/s que estás interesada/o para despois confirmarche nós a formalización da inscrición.
As prazas adxudicaranse por orde de petición e serán esgotadas cando se acade o cupo total de participantes en cada acción formativa.
DOCUMENTACIÓN:
Cando se che confirme a túa praza por correo electrónico terás que entregar no prazo de 48 horas a seguinte documentación no mesmo correo ( campuslecer@gmail.com):
  • Copia do xustificante do ingreso da cota de participación.
  • Copia do DNI.
  • Copia do documento da Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Copia do Carné Xove, de ser o caso.
Nº DE PRAZAS:
25 prazas por cada acción formativa. Mínimo 10 participantes.
INCLÚE:
  • Pensión completa no Albergue Xuvenil de Celanova (de ser requirida por cuestión de desprazamento dende fóra do lugar de realización dos cursos). En Manzaneda nos podemos ter esta opción.
  • Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Docentes con ampla experiencia nos eidos da educación, das artes e dos deportes.
  • Material persoal para a realización das diferentes actividades propostas.
  • Certificación acreditativa de cada curso.
LUGARES:
Albergue Xuvenil Municipal de Celanova (Ourense) (A 15 minutos de Ourense!)
Albergue Municipal de Manzaneda (Ourense)
PREZOS:
Cursos impartidos en Celanova:
40 € (con Carné Xove) / 45 € (sen Carné Xove).
En Celanova inclúe pensión completa no albergue xuvenil.
Cursos impartidos en Manzaneda:
20 € (con Carné Xove) / 25 € (sen Carné Xove)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
campuslecer@gmail.com
www.facebook.com/escolaestou
ORGANIZA:
ETL ESTOU (Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense)
COLABORAN:
Lúcete Lecer
Asociación Universitaria Educación Social e Sociedade.
Folleto en pdf

No hay comentarios: