viernes, 8 de febrero de 2013

Ciclo formativo de Animación Sociocultural e Turística.


animacionNo BOE do 31 de xaneiro de 2013, publícase o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística.
Como novidade, introdúcese a Información Xuvenil como módulo profesional, entre outros módulos profesionais novos.
Módulos profesionais:
1. Módulo Profesional: Primeiros auxilios. 40 horas.
2. Módulo Profesional: Inglés. 130 horas.
3. Módulo Profesional: Actividades de ocio e tempo libre. 130 horas.
4. Módulo Profesional: Dinamización grupal. 105 horas.
5. Módulo Profesional: Animación e xestión cultural. 210 horas.
6. Módulo Profesional: Animación turística. 135 horas.
7. Módulo Profesional: Metodoloxía da intervención social. 110 horas.
8. Módulo Profesional: Desenvolvemento comunitario. 105 horas.
9. Módulo Profesional: Información xuvenil. 100 horas.
10. Módulo Profesional: Intervención socioeducativa con mozos. 95 horas.
11. Módulo Profesional: Contexto da animación sociocultural. 120 horas.
12. Módulo Profesional: Proxecto de animación sociocultural e turística. 40 horas.
13. Módulo Profesional: Formación e orientación laboral. 90 horas.
14. Módulo Profesional: Empresa e iniciativa emprendedora. 60 horas.
15. Módulo Profesional: Formación en centros de traballo. 400 horas.
En Galicia pódese cursar este ciclo nos seguintes centros educativos:
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto na Coruña. Teléfono 981 210 112.
IES A Pontepedriña en Santiago de Compostela. Teléfono 981 981 530 455.
IES Primeiro de Marzo en Baiona. Teléfono 986 355 111.
Máis información no BOE do 31 de xaneiro de 2013.

No hay comentarios: