jueves, 17 de enero de 2013

VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca (http://bop.dicoruna.es/
bopportal/publicado/2013/01/07/2012_0000016404.pdf) a sexta edición do Certame de Poesía
“Concello de Mugardos”, co galo do Día da Poesía, o 21 de marzo.
Estabelécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
Os/as concursantes poderán presentar un máximo de tres poesías, que se axustarán ás seguintes normas:
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e
encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e
o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento
de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
- Máis información: no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

No hay comentarios: