jueves, 31 de enero de 2013

Promocións Carné Xove: Roteiros Coñecendo a nosa costa




Roteiros_Conecendo_a_nosa_costaCon este programa poderás gozar de rutas organizadas de kaiak por diferentes rías galegas onde descubrirás a beleza da nosa costa dende un punto de vista distinto do habitual.
INSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.tierraymar.net
info@tierraymar.net
PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición comeza a partir do venres 15 de febreiro e remata 2 días antes de cada ruta.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 2 días dende o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.
DOCUMENTACIÓN:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
  • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
  • Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
  • Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email).
  • Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.
RUTAS (por orde cronolóxica):
  • Ruta 1: Ría de Vigo (Moaña- Cangas- Moaña)      
  • Ruta 2: Ría de Vigo  (Moaña- Ponte de Rande- Moaña)  
  • Ruta 3: Ría de Vigo (Cangas-Liméns-Cangas)  
  • Ruta 4: Ría de Vigo (San Adrián- Illa de San Simón-San Adrián)
  • Ruta 5: Ría de Aldán  
  • Ruta 6: Ría de Pontevedra  (Raxó- Sanxenxo-Raxó)
  • Ruta 7: Ría de Pontevedra (Raxó- Illa de Tambo-Raxó)
  • Ruta 8: Ría de  Pontevedra (Raxó-Marín-Aguete-Raxó).
INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada ruta.
PARTICIPANTES:
Entre 10 e 50 prazas.
TARIFAS E PROMOCIÓN CARNÉ XOVE
Prezo por ruta: 30 euros.
Con carné xove:  25 euros.
Bono 5 rutas:  130 euros (con carné xove: 110 euros)
INCLÚE:
  • Material necesario (Kaiak ocean duo autovaciable, con espaldera e pala)
  • Equipo de monitores de apoio.
  • Embarcación de apoio.
  • Seguro de responsabilidade civil
  • Bolsa de pícnic (bocadillo, empanadilla, peza de froita e botellín de auga.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.tierraymar.net
Email, información e reservas : info@tierraymar.net
Teléfono de contacto: 661536265
Folleto en pdf

No hay comentarios: