lunes, 21 de enero de 2013

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional para o ano 2013

Data:
25/04/2013
Data de inscrición:
Dende o 28/01/2013 ata o 08/02/2013
Organizada por:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Requisitos:
Poderán participar aquelas persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder aos C. S. e se atopen nalgunha das seguintes situacións:
  • Ter cumpridos 19 anos ou cumrilos no ano de realización da proba.
  • Cumprir o ter cumpridos 18 anos no ano de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta.
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior. A solicitude de inscrición na proba presentarase nos CIFP e IES que impartan Formación Profesional. A celebración da proba terá lugar o día 25 de abril.
As solicitudes de inscrición para as probas de acceso aos ciclos de grao superior presentaranse por duplicado. O centro que tramite a devandita solicitude deberalle entregar á persoa solicitante unha copia selada desta.
LUGARES DE INSCRICIÓN: en calquera dos C.I.F.P. e dos I.E.S. onde se imparta FP.
DATAS DE INSCRICIÓN: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2013, ambos os dous incluídos.
  • Relación provisoria de persoas admitidas: 15 de febreiro.
    • Reclamacións admisións: 18, 19 e 20 de febreiro.
  • Relación definitiva de admitidas: 1 de marzo.
  • Resolución provisoria de exencións: 11 de marzo.
    • Reclamacións exencións: 12, 13 e 14 de marzo.
  • Resolución definitiva de exencións: 2 de abril.
PUBLICACIÓN DOS CENTROS ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS: 5 de abril.
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 de abri de 2013.
* Presentación ás 9.00 h. Levar documento oficial de identidade e folla da solicitude de inscrición.
  • Cualificacións provisorias: 10 de maio.
  • Reclamacións ás cualificacións provisorias: do 13 ao 15 de maio.
  • Cualificacións definitivas: 28 de maio de 2013.
  • Entrega das certificacións: a partir do 29 de maio.
CERTIFICACIÓN SUPERACIÓN DA PROBA LOGO DE REMATADA A CONVOCATORIA ORDINARIA: do 29 de maio ao 27 de setembro de 2013.
Publicación: DOG 21-01-2013
Máis información:
Nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se imparta FP.
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio de Servizos Múltiples, 7º andar
Rúa Vicente Ferrer, 2. 15008 A Coruña
Tel.: 981 184 701
www.edu.xunta.es/fp

No hay comentarios: