martes, 22 de enero de 2013

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior


FP-LogotipoA Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.
Ciclos Formativos de Grao Medio: prazo comprendido entre os días 25 de febreiro e o 8 de marzo de 2013.
A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2013 no seguinte horario:
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio publicaranse o día 5 de xuño.
Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
Ciclos Formativos de Grao Superior: prazo comprendido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2013.
A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 25 de abril de 2013:
Ás 9.00 horas: presentación.
Parte común da proba:
Das 10.15 ás 13.30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua castelá.
Parte específica da proba:
Das 16.00 ás 18.00 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao cal se desexe acceder.
Os resultados das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior publicaranse o día 10 de maio.
Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.
Máis información en www.edu.xunta.es/fp e no DOG do 21 de xaneiro de 2013

No hay comentarios: