martes, 22 de enero de 2013

Acceso á Universidade a maiores de 25 anos

examen-2A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos.
Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título de bacharelato.
A Proba de Acceso á Universidade estruturarase en dúas fases: Xeral e Específica.
FASE XERAL
A Fase Xeral terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos/as para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.
Comprenderá catro exercicios:
1º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
2º Exercicio Lingua Castelá.
3º Exercicio Lingua Galega.
4º Exercicio Lingua estranxeira, elixible entre: Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués.
FASE ESPECÍFICA
A Fase Específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos/as para cursaren con éxito as diferentes ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento en torno ás que se organizan os estudos universitarios oficiais de Grao.
A Fase Específica estruturarase nas cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:
OPCIÓN A: Artes e Humanidades.
OPCIÓN B: Ciencias.
OPCIÓN C: Ciencias da Saúde.
OPCIÓN D: Ciencias Sociais e Xurídicas.
OPCIÓN E: Enxeñaría e Arquitectura.
Prazo de matrícula: ata o 14 de febreiro de 2013 nos LERDs.
Prezo: 63,67 €.
Probas: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Fase Xeral: 2 de marzo de 2013.
Fase específica: 9 de marzo de 2013.
Máis información na CIUG: 981 528 080 e en http://ciug.cesga.es

No hay comentarios: