miércoles, 2 de enero de 2013

ULTIMAS PRAZAS Curso SUBVENCIONADO de monitor/a de tempo libre do Concello de Vigo

 
Contido:
Uĺtimas prazas para o Curso subvencionado de monitores/as de actividades de tempo libre, con titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia.
Destinatarios:
Mozos/as empadroados/as na cidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, ambos incluídos, interesados/as no tempo libre.
Deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente. Darase preferencia a desempregados/as.Descrición:
Curso coordinado pola Escola de tempo libre Xaruma. O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas. Deberase asistir como mínimo ao 80% das horas. Ao rematar esta fase haberá que realizar 150 horas prácticas nunha entidade ou 12 días nun campamento. Para esta fase práctica contarase en todo momento co asesoramento da organización. Os diplomas serán expedidos pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Temario:
• Área de psicoloxía e área de educación e tempo libre. 45hs.
• Área de animación. 65hs
• Área de educación para a saúde. 30hs
• Área de educación ambiental. 35hs
• Área de organización e recursos. 25hs
Prazas e lugar:
25 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición previa entrega da documentación requirida. Celebrarase nas dependencias do espazo xuvenil VIGOSÓNICO( Estrada do Portal s/n . Polígono Tecnolóxico de Valadares, ao lado do vial de baixada da Universidade).
Prezo: 161€
Datas: Inicio o 29 de decembro de 2012 de 10hs a 14,00hs e as fin de semana de xaneiro, febreiro e marzo de 2013 en horario de 10 a 14,00hs e de
16 a 20,00hs.
Prazo e lugar de inscrición:
Dende o 19 de decembro a partir das 10hs e ata cubrir prazas. Na Casa da Xuventude (López Mora no 31)
Preinscrición:
Coa seguinte documentación :
• Fotocopia do DNI
• Fotocopia do graduado escolar ou equivalente
• Ficha de inscrición debidamente cuberta(descargar xuventudevigo.org)
• Foto
• Copia de volante de empadroamento(descargar na www.vigo.org)
Antes de realizar esta prescrición, hai que consultar coa Concellería de Xuventude a dispoñibilidade de prazas. Unha vez confirmado e realizada a prescrición, deberase efectuar o pagamento nun prazo máximo de 48hs e, de non facelo, perderase a praza. O pagamento farase na conta 2100 2186 94 02 00258331 de La Caixa. Unha vez feito o pago se deberá entregar a copia do pagamento para confirmar definitivamente a reserva da praza.
Máis info: www.xuventudevigo.org
Casa Xuventude (986.294806) Punto Xove (986223004)Vigosónico (608848989) Súbete ao Castro (986.485541)

No hay comentarios: