jueves, 24 de enero de 2013

Premios Virxe do Carmen para 2013

armadaA Armada española convoca os premios «Virxe do Carmen», para estimular na xuventude as vocacións polos oficios e profesións navais.
Premios:
De Libros, dotado con 5.500 € e diploma.
Para o mellor traballo que en calquera manifestación histórica, científica, literaria ou humanística contemple, analice ou relacione a vinculación de España ao mar e a Armada, no seu ámbito nacional ou na súa proxección marítima ultramarina.
De Xuventude, dotado con 1.000 euros para alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (12 a 16 anos) ou Formación Profesional de Grao Medio coa repartición seguinte:
- 500 € e diploma para o alumno autor do traballo.
- 500 € e diploma para o profesor do centro escolar que dirixa ao alumno na realización do traballo.
- Diploma para o centro escolar.
Para o mellor traballo sobre o que significa a Armada para España.
Diploma de Honra: para a persoa ou entidade que se destacase polas súas actividades de contribución á Armada española en calquera aspecto ou que fomentase de modo notorio os intereses navais españois.
De Pintura: dotado con 4.000 € e diploma.
Con este premio perséguese conseguir un maior achegamento entre a sociedade e a Armada, ao tempo que se valora e premia a creación pictórica que plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos.
De modelismo naval:Premio Modelo, dotado con 5.000 € e diploma.
Premio Maquetas e Dioramas dotado con 3.000 € e diploma.
Accésit á obra que posúa un valor artístico e traballo técnico digno de ser destacado e diploma.
Prazos:Premio de Libros e de Xuventude: ata o día 18 de abril de 2013.
Premio de Pintura e de Modelismo: do 30 de abril ao 30 de maio de 2013.
Máis información no BOE do 23 de xaneiro de 2013 e en http://www.armada.mde.es

No hay comentarios: