martes, 22 de enero de 2013

Miradas de Muller: Nova inicativa sobre Fotografía Dixital


MiradasMiradas de Muller xurde co obxectivo de ofrecer formación e solucións de autoemprego para mulleres desempregadas rurais e procedentes de barrios obreiros ou periféricos das cidades con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación no mundo empresarial utilizando servizos dixitais no campo da fotografía.
A iniciativa constará de catro fases:
Unha xornada de presentación impartida a través dos sistemas de videoconferencia e videocolaboración a través das Aulas CeMIT participantes. Nelas terá lugar:
A presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de Muller" que se poñerá a disposición das usuarias.
A sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital.
A presentación dun referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias, así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía.
A impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital.
A inscrición das usuarias na plataforma web "Miradas de Muller" a través do cal poderán: acceder a pílulas informativas, dispoñer dun titor, difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo, etc.
A participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.
"Miradas de muller" iniciarase coas xornadas de presentación que terán lugar entre o 31 de xaneiro e o 15 de febreiro nas 34 das 98 aulas da Rede, e continuará coas demais fases ata finalizar no último trimestre do ano.
As mulleres interesadas no programa, terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación na iniciativa a través da web, antes do 28 de xaneiro. O rexistro e matriculación realízase a través da propia web https://cemit.xunta.es/node/5161
Unha vez que as interesadas se inscriban na iniciativa poderán solicitar aos Axentes TIC das aulas participantes cursos do Catálogo de formación CeMIT relacionados coa fotografía: Cámara dixital, Retoque fotográfico e Retoque de Fotografías
Máis información en http://cemit.xunta.es

No hay comentarios: