miércoles, 30 de enero de 2013

Promocións Carné Xove: Disfruta do mar

Disfruta_do_marCon este programa poderás gozar de diferentes actividades náuticas; a finalidade deste programa é realizar diferentes cursos segundo os gustos dos participantes. Os alumnos poderán elixir entre realizar:
  • Curso de Vela lixeira. (15 horas)
  • Curso de Windsurf (15 horas)
  • Curso de Surf (15 horas)
  • Curso de Esquí náutico e Wakeboard (10 horas)
INSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.tierraymar.net
info@tierraymar.net
PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición comeza a partir do venres 15 de febreiro e remata 2 días antes da actividade.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 2 días dende o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.
DOCUMENTACIÓN:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
  • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
  • Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
  • Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email).
  • Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.
ACTIVIDADE:
Do luns 25 de marzo ata o domingo 31 de marzo , en horario de maña  (10:30 a 13:30 horas) ou de tarde (17:00 a 20:00). Os alumnos poderán escoller 5 días dos sete para realizar a actividade.
Os cursos tamén se realizan ao longo de todo o ano, na época invernal durante os fins de semana e no verán durante a semana.
Inverno: 1 sesión por semana os sábados ou domingos en horario de mañá ou de tarde, tamén estamos realizando cursos ao longo de todos os días da semana.
Verán: De luns a venres en horario de mañá ou de tarde.
INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada ruta.
PARTICIPANTES:
Entre 5 e 20 prazas por quenda.
TARIFAS E PROMOCIÓN CARNÉ XOVE.
Curso de Vela lixeira: 60 euros (50 euros con carné xove)
Curso de Windsurf: 70 euros (60 euros con carné xove)
Curso de Surf: 80 euros (70 euros con carné xove)
Curso de ski náutico e wakeboard: 110 euros (90 euros con carné xove).
INCLÚE:
  • Material necesario ( embarcacións, seguro, neoprenos..)
  • Equipo de monitores de apoio titulados para cada actividade.
  • Embarcacións de apoio.
  • Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
  • Material didáctico.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.tierraymar.net
Email, información e reservas : info@tierraymar.net
Teléfono de contacto: 661536265
Folleto en pdf

No hay comentarios: