jueves, 31 de enero de 2013

Promocións Carné xove: Iniciación aos deportes náuticos

Iniciacion_os_deportes_nauticosCon este programa poderás gozar de diferentes actividades náuticas, como primeira toma de contacto en deportes como a vela lixeira, windsurf, ski náutico, surf, wakeboard e kaiak.  Todas actividades impartidas por persoal moi experimentado e con idóneo para a aprendizaxe.
INSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.tierraymar.net
info@tierraymar.net
PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición comeza a partires do venres 15 de febreiro e remata 2 días antes da actividade.
ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 2 días dende o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.
DOCUMENTACIÓN:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
  • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
  • Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
  • Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandará por email).
  • Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.
ACTIVIDADE:
Do xoves 28 de marzo o 31 de marzo, en horario de mañá  (10:00 a 14:00 horas) ou de tarde (16:00 a 20:00).
Cada día da semana realizaremos una actividade distinta:
  • Xoves (Vela lixeira)
  • Venres (Windsurf)
  • Sábado (Kaiak e esquí náutico)
  • Domingo (Surf)
INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada ruta.
PARTICIPANTES:
Entre 5 e 20 prazas por quenda.
TARIFAS E PROMOCIÓN CARNÉ XOVE:
Prezo por persoa 80 euros.
Con carné xove  70 euros.
INCLÚE:
  • Material necesario (Kaiak, embarcacións, neoprenos..)
  • Equipo de monitores de apoio titulados para cada actividade.
  • Embarcacións de apoio.
  • Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Material didáctico.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.tierraymar.net
Email, información e reservas : info@tierraymar.net
Teléfono de contacto: 661 536 265
Folleto en pdf

No hay comentarios: