sábado, 7 de julio de 2012

XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba


O Concello de Vilalba convoca (http://vilalba.org/contidos/bases-do-xxxviii-certame-literario) o XXXVIII Certame Literario, co afán de
estimular a creación poética.
Poderán concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade,
sempre que presenten as súas obras en lingua galega.
Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en datas anteriores
ao fallo do xurado.
O tema dos traballos será libre e a súa extensión mínima será de 500 versos.
• Premios:
- Primeiro premio: 3000 €, flor natural e diploma.
- Segundo premio: 1000 €, flor natural e diploma.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de xullo de 2012.
Máis información en: http://vilalba.org e na OMIX de Vilalba, teléfono 982 512 456

No hay comentarios: