jueves, 12 de julio de 2012

Premio Solidario Cidade de Ferrol 2012


O Premio Solidario Cidade de Ferrol ten como obxecto principal premiar os esforzos de iniciativas e proxectos
desenvolvidos no ámbito da Solidariedade, a Cooperación e o Voluntariado, facendo especial fincapé
naqueles se desenvolvan dentro do Concello de Ferrol.
O premio consistirá na entrega dun distintivo solidario e o patrocinio e divulgación do proxecto, así como
unha dotación económica anual de 5.000 euros.
Serán considerados como candidatos/as obxecto deste premio, os seguintes:
Entidades sociais, consideradas como tal as asociacións, ONG, fundacións,...que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas.
- Non ter caracter lucrativo.
- Demostren capacidade e solvencia suficiente para desenvolver o proxecto obxecto do premio.
- O proxecto axustarase aos obxectivos da Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
- Solvencia técnica da entidade.
Persoas físicas que presenten as seguintes características:
- Ser maior de 18 anos
- Demostren capacidade e solvencia suficiente para desenvolver o proxecto obxecto do premio.
- Cada entidade ou persoa física poderá presentar ate un total de dous proxectos, e valorarase de xeito individual e independente cada
un deles.
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 3 de agosto de 2012.
Máis información no BOP da Coruña (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/07/05/2012_0000008088.pdf) do 5 de xullo
de 2012 e na OMIX de Ferrol, teléfono 981 313 388.

No hay comentarios: