jueves, 12 de julio de 2012

Requisitos económicos para as bolsas de estudos do curso 2012-2013

No BOE do 5 de xullo de 2012 (http://www.boe.es/boe/dias/2012/07/05/pdfs/BOE-A-2012-9007.
pdf) publícanse os limiares de renda familiar para solicitar unha bolsa económica para o curso 2012-
2013, así como os requisitos académicos para o curso 2013-2014.
Estudos para os que se poden solcitar bolsas:
a) Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluídos a modalidade de distancia.
f) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
g) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro
Técnico e Arquitecto Técnico, incluídos os complementos de formación para Diplomados universitarios que desexen proseguir estudos
oficiais de Licenciatura.
h) Ensinanzas artísticas superiores.
i) Estudos relixiosos superiores.
j) Estudos militares superiores e de Grao.
Tipos de bolsas:
- De compensación: Bolsa salario. Axuda compensatoria. Bolsa de mantemento.
- Por desprazamento: varía segundo a distancia ao centro de estudos.
- Outros compoñentes:
- Residencia.
- Escolarización.
- Escolarización en centros municipais.
- Escolarización en centros con concerto singular.
- Proxecto de fin de carreira.
- Material escolar.
- Suplemento cidades.
- Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de minusvalidez ou trastorno grave de conduta ou
asociada a alta capacidade intelectual.
Rendas familiares:
Establecense ata 5 limiares de renda dependendo dos ingresos familiares e do número de mebros da unidade familiar.

Requisitos académicos para o curso 2013-2014:
Os que se matriculen por primeira vez en primeiro curso de estudos de Grao deberán acreditar unha nota de acceso á Universidade de
6,50 puntos para solicitar unha bolsa.
Os solicitantes de segundos e posteriores cursos de ensinanzas universitarias deberán ter superado nos últimos estudos cursados as
seguintes porcentaxes dos créditos matriculados:
- Artes e Humanidades: 100 %
- Ciencias: 100 %
- Ciencias Sociais e Xurídicas: 100 %
- Ciencias da Saúde: 100 %
- Ensinanzas técnicas: 85 %
Aqueles que non superen a porcentaxe de créditos establecida deberán ter superado nos últimos estudos cursados as seguintes porcentaxes
de créditos e ter alcanzado as seguintes notas medias das materias superadas:
- Artes e Humanidades: 90%-6,50 puntos.
- Ciencias: 80%-6,50 puntos.
- Ciencias Sociais e Xurídicas: 90%-6,50 puntos.
- Ciencias da Salud: 80 %-6,50 puntos.
- Ensinanzas técnicas: 65%-6,00 puntos.
Máis información no BOE do 5 de xullo de 2012 e en www.educacion.es.

No hay comentarios: