martes, 17 de julio de 2012

“Imagina Atlántica: Teatros de Pedra”

Eres creativo/a??, Queres amosar o teu talento creativo e interpretativo polas rúas de Santiago de Compostela????
Amplíase o prazo para inscribirse no programa de dinamización artística “Imagina Atlántica: Teatros de pedra” que suporá a  creación dun percorrido turístico alternativo na cidade de Santiago de Compostela a través das artes dende o 28 de xullo ata o 13 de agosto.FOTO_IMAXINA
A finalidade desta convocatoria é  promover e estimular a creación de artistas xoves dentro dos parámetros da arte actual. Durante unha estadía continuada de quince días 24 mozos e mozas realizarán as súas intervencións en sete prazas públicas da cidade de Santiago de Compostela.
Os/as participantes, xóvenes creadores, pasarán un proceso de preparación e creación da súa intervención.
Prazo de inscrición: do 2 ao 20 de xullo
Prazas: 24
Destinatarios: mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia entre 18 e 30 anos de idade.
Disciplinas artísticas:
  • Arte escénica (teatro, danza e expresión, performance musical)
  • Artes (pintura, escultura, grafitti)
  • Videoarte
  • Literatura (poesía e relato breve)
Datas de realización da estadía e intervención: do 28 de xullo ao 13 de agosto de 2012 (estadía continuada de 15 días)
Aloxamento: albergue e/ou hotel
Cobertura da actividade:
-          Pernocta e aloxamento en réxime de pensión completa.
-          Manutención
-          Desprazamento nas distintas actividades
-          Actividades culturais e deportivas
-          Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros.
-          Custo da produción

 Descarga as Bases
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Fonte: http://xuventude.xunta.es/201207168286/imagina-atlantica-teatros-de-pedra-ampliado-o-prazo-para-a-inscricion-nunha-estadia-e-intervencion-creativa-na-cidade-de-santiago-de-compostela.html

No hay comentarios: