martes, 17 de julio de 2012

XXX Premio de Novela Blanco Amor

Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha
ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador
(tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos ou de 75 folios mecanografados ou escritos
en ordenador (tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos. As obras presentadas terán que
ser inéditas.
De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á concelleira
de Cultura do Concello de Fene. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse
o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2012. A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade
sobre a obra premiada. As obras non premiadas devolveranse aos/ás autores/as que o soliciten, no prazo dun mes, contando
desde o día do veredicto. Os gastos de devolución serán por conta dos/as autores/as.
En caso de non recollerse dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
O prazo de presentación dos traballos remata o 28 de setembro de 2012.
• Dotación: O premio estará dotado con 12.020 euros.
Concelleira de Cultura
Concello de Fene
Avenida de Naturais, 44, entrechán, 15500

No hay comentarios: