martes, 3 de julio de 2012

Prazas de persoas colaboradoras–bolseiras para as residencias xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2012/2013.
Prazas:Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.
Requisitos:Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2012.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303C
Máis información no DOG do 3 de xullo de 2012

No hay comentarios: