viernes, 7 de diciembre de 2012

Varios certames


27º Premio Internacional de Cuentos Max Aub

A Fundación Max Aub convoca a 27a edición do seu premio internacional de Contos (http://www.
maxaub.org/premios-max-aub/internacional-de-cuentos-24-edicion.html).
Os contos deberán estar escritos en lingua española.
Os contos serán inéditos e de tema libre. Só se poderá enviar un conto por autor.
Presentarase polo sistema de plica, é dicir, no exterior do sobre constará o título do conto e a modalidade
que opta (de forma excluínte); ou ao internacional ou ao comarcal; e no interior, título do conto,
nome e apelidos, domicilio, teléfono, e unha breve nota bio-bibliográfica do autor.
O conto presentarase en formato DIN A-4 por quintuplicado, corpo 12 e a dobre espazo, por unha soa
cara. A extensión terá un mínimo de cinco folios e un máximo de quince folios.
O prazo de admisión finalizará o día 31 de decembro de 2012. Admitiranse aqueles contos en cuxo sobre conste o cuño de correos con
data igual ou anterior á mencionada. Non se poderá enviar as obras por correo electrónico.
O envío dirixirase a:
Fundación Max Aub
XXVII Premio Internacional de Contos Max Aub
C/San Antonio, 11, Entresollado
Apartado de Correos 111
12400 Segorbe (Castelló-España).
• Concederanse dous premios:
- Premio Internacional, dotado con 6.000 euros, e a edición da obra.
- Premio Comarcal dotado con 800 euros, e a edición da obra para autores nacidos, residentes ou vinculados á Bisbarra do Alto
Palancia.
Máis información en: http://www.maxaub.org.


IX Premio de Novela Biblos-Casa Grande do Bachao

Poderán participar neste Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2013 non teñan cumprido
os 25 anos e que, con independencia do lugar onde nacesen ou residan, amosen o coñecemento
do idioma galego necesario para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade.
Os/as autores/as deberán presentar unha memoria de entre 20 e 30 folios na que incluirán as características
que terá a futura novela, un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor/a.
Cada traballo será presentado co nome e apelidos do autor/a, así como as indicacións necesarias para
poder localizalo (dirección, teléfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo
nin colectivas.
As/os autoras/es finalistas deberán presentar antes do 13 de xuño do 2013 as súas novelas cunha extensión non superior aos 150 folios
no estado máis avanzado posible de acabado.
O prazo de entrega de traballos remata o 18 de marzo de 2013.
• Dotación: Para o gañador ou gañadora, a estancia dun mes, incluída a manutención, na Casa Grande do Bachao, un ordenador portátil,
a tutela dun escritor de renome, que asesorará ao gañador/a durante ese mes, a publicación do libro en galego, coa percepción dos
correspondentes dereitos de autor. Os outros autores/as finalistas recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas en
habitación dobre na Casa Grande do Bachao.
• Convoca / Enviar a:
Biblos Clube de Lectores
Quintá, 8
Mandaio 15391 - Cesuras (A Coruña)


Premios Fundación Sener á mellor Tese Doutoral.

A Fundación Sener con obxecto de estimular a investigación científica ó mais alto nivel, crea este
premino anual dotado con 12.000 euros para o autor e 3.000 para o director ou directores da mesma.
Requírese que as persoas que a presenten , obtiveran o grao de doutor por unha universidade europea
nas áreas científico-tecnológicas relacionadas coa actividade propia da Sociedade Sener enxeñería e
sistemas no ano da data da convocatoria.
Máis información: Fundación SENER (C/Severo Ochoa, 4, 28760 Tres Cantos (Madrid)). www.injuve.es
http://www.fundacionsener.es/FUNDACION/premios-fundacion-sener/es

No hay comentarios: