miércoles, 19 de diciembre de 2012

Subvencións a pequenas e medianas empresas para facilitar a integración de mozos traballadores

trabajo-empresasO Ministerio de Emprego tamén convoca subvencións a pequenas e medianas empresas para facilitar o acceso e a integración de mozos traballadores en países europeos distintos ao da súa residencia habitual:
Requisitos:Ser pequena ou mediana empresa cun equipo de ata 250 traballadores.
Contratar a un ou varios traballadores novos, de entre 18 e 30 anos de idade ambos os dous, inclusive inscritos como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, para ocupar postos de traballo nun estado membro da Unión Europea diferente ao da súa residencia habitual por un período mínimo de seis meses.
Xestionar o proceso de selección de persoal a través da Rede EURES España.
Organizar un programa de integración para aqueles traballadores novos que fosen seleccionados nun proceso realizado pola Rede EURES, este programa de integración reverte na formación dos mozos.
O Programa de Integración:O programa de integración consta dun paquete de formación preparatoria e doutras actividades de apoio que ofrece o empregador ao novo traballador novo para facilitar a súa integración na empresa e reducir os obstáculos á mobilidade laboral.
Compoñentes do programa de Integración:a) Formación externa ou interna, ou de titorías no posto de traballo a beneficio do traballador.
b) Cursos de idiomas dirixidos a mellorar o dominio escrito e falado do idioma do país de acollida e/ou outra lingua que esixa o posto de traballo.
c) Os compoñentes da aprendizaxe do programa de integración poden completarse con apoio administrativo e axuda á incorporación laboral para proporcionar asistencia ao traballador co fin de facilitar a súa integración no novo país: traslado, axuda para encontrar unha vivenda axeitada, rexistro de residencia, permiso de traballo, recoñecemento das cualificaciones, escolarización dos fillos e outros.
O prazo límite de solicitude do pagamento será 30 días despois de finalizar a formación.
Máis información no BOE do 17 de decembro de 2012 e en http://xuventude.xunta.es/201206047863/o-teu-primeiro-traballo-eures.html

No hay comentarios: