martes, 11 de diciembre de 2012

Promocións Carné xove: Mocidade en FORMAción 2013

1aINSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.escolaruraldetempolibre.com
www.lug2.com

PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición comeza a partires do 5 de decembro de 2012 e rematará 7 días antes de cada acción formativa.

INFORMACIÓN DIDÁCTICA DOS CURSOS:
Cada mes nos espazos webs antes citados farase referencia clara e concisa dos cursos para impartir no mes seguinte, incluíndo as Unidades Didácticas de cada un. Non obstante, podes solicitar xa estas no e-mail indicado.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a acción formativa se non hai un número mínimo de participantes.
Unha vez recibida a preinscrición recibirás un e-mail onde se requirirá a documentación oportuna.

DOCUMENTACION:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
  • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
  • Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
  • Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
  • Cuestionario médico - sanitario (anexo que se mandara por e-mail ).
  • Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por e-mail ).
  • Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.

INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada curso.

PARTICIPANTES:
Entre 20 e 40 prazas.

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE.
Expresadas en cada curso (ata un 20%).

INCLÚE:
  • Material persoal ( traxe de neopreno , licra identificativa , chaleco, materiais de escalada, todo tipo de materiais deportivos, carpeta e bolígrafo, …)
  • Actividades específicas para cada programa.
  • Claustro de profesores de primeiro nivel.
  • Equipo de monitores de apoio.
  • Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Nalgunhas accións formativas está incluído o aloxamento e a mantenza.
  • Certificación acreditativa de cada curso.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
(*) con aloxamento e mantenza incluídos
CON CARNÉ XOVE
SEN CARNÉ XOVE
LUGO


DINAMIZACIÓN DE EVENTOS INFANTÍS
42,00 €
50,00 €
DINAMIZACIÓN DE COMEDORES I
42,00 €
50,00 €
AXILIDADE FÍSICO-MENTAL NO MAIOR
42,00 €
50,00 €
RISOTERAPIA NO TEMPO LIBRE
42,00 €
50,00 €
MAQUILLAXE PROFESIONAL


CONTACONTOS NO TEMPO DE LECER
42,00 €
50,00 €
ESCALADA EN ROCHA (*)
77,00 €
85,00 €
ACTUALIZACIÓN PARA MONITORES (*)
77,00 €
85,00 €
IOGA DA VOZ
120,00 €
150,00 €
LECER E DISCAPACIDADE II
42,00 €
50,00 €
VELADAS PARA CAMPAMENTOS
42,00 €
50,00 €
DINAMIZACIÓN INFANTIL PARA CENTROS HOSPITALARIOS
50,00 €
55,00 €
PORTO DO SON


OLAS E SURF (*)
110,00 €
120,00 €
KAIAK-SURF(*)
110,00 €
120,00 €
DEPORTE NÁUTICO ADAPTADO(*)
110,00 €
120,00 €
CORUÑA


DINAMIZACIÓN DE EVENTOS INFANTÍS
42,00 €
50,00 €
LIPDUB PARA O TEMPO LIBRE
42,00 €
50,00 €
XOGO E DEPORTE TRADICIONAL DE GALICIA
42,00 €
50,00 €
CONTOS E DISCAPACIDADE
42,00 €
50,00 €
XOGO E DEPORTE ADAPTADOS
42,00 €
50,00 €
SAMOS


KAIAK EN RÍO (*)
77,00 €
85,00 €
SANTIAGO DE COMPOSTELA


ACTIVIDADES 0.3
42,00 €
50,00 €
TEATRO PARA O LECER
50,00 €
55,00 €
LECER E DISCAPACIDADE I
42,00 €
50,00 €
DINAMIZACIÓN DE EVENTOS INFANTÍS
42,00 €
50,00 €
DEPORTES ALTERNATIVOS PARA O TEMPO LIBRE
42,00 €
50,00 €
LIPDUB PARA O TEMPO LIBRE
42,00 €
50,00 €
COCIÑA PARA NENOS
42,00 €
50,00 €
GRANDES XOGOS CAMPAMENTARIOS
42,00 €
50,00 €
ORIENTACIÓN NO MEDIO NATURAL
42,00 €
50,00 €
XOGO E DEPORTE TRADICIONAL DE GALICIA
42,00 €
50,00 €

Pdf folleto informativo
Folla de preinscrición

No hay comentarios: