lunes, 3 de diciembre de 2012

Revélate e únete ao bo trato

A Deputación da Coruña convoca o concurso de fotografía “Revélate e únete ao bo trato” (http://www.dicoruna.es/servizos-sociais/gl/
premios/concurso-fotografia) con motivo da conmemoración do 25 de novembro de 2012 “Día contra a violencia de xénero”.
Poderán participar calquer persoa, profesional ou afeccionada, e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presen
ten soamente unha fotografía non premiada con anterioridade.
Poderase participar en dúas categorías:
- Infantil e xuvenil: persoas de idades comprendidas entre os 12 e 18 anos.
- Maiores: dirixida a persoas maiores de 18 anos.
O premio concederase a aquel traballo que coa creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e a
contribución da imaxe proposta, a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes, convivencia positiva entre sexos e loita contra a violencia de xénero fomente actitudes
positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia,
no respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Valorarase nesta actividade a capacidade de xerar a través da fotografía un proceso de sensibilización, de impacto social e educativo.
Achegaranse os traballos en dous formatos:
• Impreso:
- A fotografía presentarase en formato 24 x 30cm, entregarase sen montaxe, nin enmarcado, en cor ou en branco e negro.
- Electrónico: presentarase copia do traballo presentado en soporte dixital en formato JPG cun tamaño 24 x 30 cm.
- A fotografía non poderá ir asinada, nin con ningún dato, tan só levará no dorso un título ou pseudónimo identificativo.
- Poderá achegar xunto coa fotografía impresa unha breve explicación (máximo 200 palabras) sobre a fotografía nun folio aparte no
que conste tan só o pseudónimo para poder identificala.
• Premios:
Categoría infantil e xuvenil:
- 1º premio: Cámara réflex dixital
- 2º premio: Cámara compacta
- 3º premio: Cámara compacta
Categoría de maiores:
- 1º premio: 1.000 €
- 2º premio: Cámara réflex dixital
- 3º premio: Cámara réflex dixital
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de decembro de 2012.
Máis información en: www.dicoruna.es e no BOP da Coruña do 23 de novembro de 2012.

No hay comentarios: