martes, 11 de diciembre de 2012

IX Premio de narración curta ”Trágame Curtis”

cartel_targame_curtis-1O Concello de Curtis convoca o IX Premio de Narración Curta “Trágame Curtis!, contalles o que nunca te atreviches a contar….aquela vez que pasache tanta vergoña”.
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega, sendo orixinais, inéditos e non premiados en calqueira outro certame. A extensión do texto estará comprendida entre os 3000 e 5000 caracteres (espazos incluídos) e será en formato word.
Hai dúas categorías:a) Dos 12 aos 18 anos
b) Dos 19 anos en diante
e dous premios en metálico para cada categoría:
Categoría a)
1º premio: 200 euros
2º premio: 100 euros
Categoría b)
1º premio: 350 euros
2º premio: 150 euros
Os traballos enviaránse á seguinte dirección de correo electrónico: tragamecurtis@curtis.es  no que se achegará no arquivo unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto e a categoría á que pertence.
O prazo para a entrega é ata o 28 de febreiro de 2013
Máis información en www.concellodecurtis.org , no teléfono 651 046 603 e tamén no vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=_Cj1SQdrHXI

No hay comentarios: