lunes, 3 de diciembre de 2012

Normas do "Amigo Invisible"


NORMAS DA ACTIVIDADE:

“O AMIGO INVISIBLE”


1.- Cada participante deberá manter o seu anonimato como agasallador e intentar adiviñar quen é a persoa que o agasalla (o seu amigo invisible)
2.- Poderanse facer 2 tipos de agasallos:
A) agasallo e detalles a cotío (notas, detalles coma deixarlle un postre, bocadillo ou froita, recados a través de terceiras persoas,…)
B) o agasallo principal que entregarase a última semana, seguramente na tarde do xoves 20 de decembro. Este tipo de agasallo é de obrigatorio cumprimento.
3.- Aqueles casos que deixen a residencia antes do 20 de decembro que o avisen e mirar de modificarse a data para a entrega do agasallo final, para poder estar todos e todas.
4.- O agasallo final será creado (manual e artístico) ou ben mercado (neste caso terá un custe de entre 3 e 5 euros).
5.- O equipo de educadores/as participa como grupo, sendo como se tratara dun único participante do xogo. E pode participar colaborando co demáis residentes.

* Para calquera dúbida achegádevos ao despacho.
 
    


No hay comentarios: