lunes, 3 de diciembre de 2012

Validacións para técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios

Este catálogo está vixente desde o curso 2012-2013 e sucesivos e estrutúrase en dúas partes:
  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno. 
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios.
Nota: A cualificación das materias obxecto de recoñecemento será a nota media obtida polo alumno ou alumna no ciclo formativo, agás as de libre configuración nas que a cualificación será a de apto.

Relación de validacións de materias e de créditos de libre elección de titulacións universitarias oficiais correspondentes á anterior ordenación, (licenciaturas, enxeñarías, arquitectura e diplomaturas) para os titulados en formación profesional de grao superior.

No hay comentarios: