miércoles, 21 de noviembre de 2012

XXV Premio “Ana María Matute” de Narrativa de Mulleres



premio_ammPoderán concorrer a este premio escritoras de calquera nacionalidade con relatos en lingua española non premiados anteriormente en ningún outro concurso.
Os orixinais, con liberdade de tema, deberán ser inéditos e ter unha extensión non superior a 12 folios, cun tamaño de letra mínimo de 11 puntos e 30 liñas máximo por folla.
Presentarase un exemplar, en folios imprimidos a dobre espazo, por unha soa cara, debidamente numerados e encadernados, cosidos ou grampados. Admitirase un só exemplar por autora.
Os relatos presentados deberán ir asinados polas súas autoras, incluíndo no exemplar os seus datos persoais (nome, domicilio, teléfono e correo electrónico) e unha breve recensión bio-bibliográfica.
O envío farase chegar a Edicións Torremozas, Apartado 19032, 28080 Madrid,  indicando no sobre "Para El Premio Ana María Matute".
O prazo de admisión estará aberto ata o 31 de decembro de 2012 (terase en conta o cuño de correos). Non se admitirán orixinais vía correo electrónico.
A dotación do Premio "Ana María Matute é de 300 euros en metálico. O relato gañador, xunto aos finalistas, será publicado nun volume da Colección  ETC.
Máis información en http://www.torremozas.com

No hay comentarios: