viernes, 23 de noviembre de 2012

Certame Nacional de Novela para novos escritores "Valentín García Yebra"


certame__cuentosA Fundacición Século Futuro, co apoio e o patrocinio do Concello de Guadalajara, promoven a creación literaria entre a xuventude e convocan a 11ª Edición do Certame Nacional de Novela para novos escritores "Valentín García Yebra"
Poderán concorrer as persoas nacidas despois do ano 1976.
O texto, de tema libre, deberá reunir os seguintes requisitos:
Será orixinal, rigorosamente inédito e non debe estar pendente simultáneamente a outro certame pendente de fallo.
Terá unha extensión máxima de 130 páxinas e mínima de 110, escritas en castelán, por unha soa cara, letra Times New Roman 12, a dobre espazo e en formato DIN A4.
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe.
Os traballos presentaranse por triplicado, paxinados e encadernados con título asinados con pseudónimo, acompañando un sobre pechado en cuxo interior se repita o título e o pseudónimo e onde deberá facer constar os seguintes datos: Nome e apelidos, dirección completa, teléfono, correo electrónico e fotocopia do DNI. Toda esta documentación será remitida a:
Fundación Século Futuro. Apartado de correos 55
19080 Guadalajara
ou a:
Fundación Século Futuro. C/ Cifuentes 28. Campus Universitario
19003 Guadalajara.
O premio é de 2.500 €.
A data tope de presentación dos traballos será o 31 de decembro de 2012.
Máis información en www.fundacionsiglofuturo.org

No hay comentarios: