miércoles, 29 de agosto de 2012

Xornada internacional de protección civil.


Modalidade: presencial.
Horas lectivas: 11.
Prazas: limitadas pola capacidade do local.
Obxectivos:
  • Traballar para lograr un ambiente que favoreza ao voluntariado.
  • Ofrecer medios de actuación ás agrupacións/asociacións de voluntarios.
  • Mellorar a calidade do voluntariado.
  • Sensibilizar sobre o valor e a importancia do voluntariado de protección civil.
  • Recoñecer as actividades de voluntariado.
Contido: na xornada trataranse os seguintes temas:
  • Análise e avaliación da protección civil no ámbito estatal, autonómico e local.
  • Análise e avaliación das AVPC de Protección Civil nos distintos países da Unión Europea.
  • Exercicios prácticos: rescate con cans en estruturas colapsadas, condución 4×4, camión simulador, ...
Destinatarios/as.
Destinatarios/as: as xornadas van dirixidas ao persoal voluntario de agrupacións de
voluntarios de protección civil e outras persoas interesadas no tema.

Desenvolvemento da actividade.
Lugar: Agasp (avda. da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra).
Data: 15 de setembro.
Horario: das 9.30 ás 20.00 horas.

Inscrición.
a) As persoas que sexan usuarias da páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es poderán inscribirse na xornada a través dela.
As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp poderán inscribirse na
xornada mediante solicitude dirixida ao director xeral da Academia Galega de Seguridade
Pública (avda. da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), segundo o modelo que figura como
anexo a esta convocatoria, e que serán presentadas no Rexistro Xeral da Agasp, ou ben
de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 886 20 61 23 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es
b) O prazo de inscrición é de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37 e 886 20 61 38, do
fax: 886 20 61 23 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es,
que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Máis información: DOG 28 agosto 2012

No hay comentarios: