martes, 28 de agosto de 2012

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos preparatorios para
os certificados de lingua galega, Celga.

• Destinatarios:
os cursos poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que
os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

• Prazo de presentación de solicitudes: ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso ou electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es.
Máis información: DOG mércores 22 agosto 2012.

No hay comentarios: