viernes, 31 de agosto de 2012

Convocatoria de prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas posobrigatorias non universitarias no curso 2012-2013.

Data:
Dende o 01/09/2012 ata o 15/09/2012
Entrada:
Contía: as prazas de residencia poderán ser subvencionadas total ou parcialmente, sempre que se cumpran os requisitos académicos e económicos.
Organizada por:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Requisitos:
  • PRAZO EXTRAORDINARIO: primeira quincena do mes de setembro para as ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación da orde, así como para os ciclos formativos e extraordinariamente no curso académico 2012-2013 para bacharelato.
  • Persoas que posúan a nacionalidade española ou sexan nacionais dun país membro da Unión Europea, estranxeiros residentes en España e reúnan os requisitos académicos previstos na LOE e que desexen proseguir os seus estudos nos centros como residentes.
  • Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os ditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunca localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade.
  • Académicos: Poder acceder ao curso que se solicite, sempre que non teña máis de 2 materias pendentes.
  • Valoración socioeconómica: renda familiar, composición do grupo familiar, condición de orfandade ou outra situación familiar especial, número de habitantes do lugar de residencia familiar.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas de Residencia nos C.R.D. da Coruña, Ourense e Vigo. Na Coruña: I.E.S. Universidade Laboral (Culleredo).
NA CORUÑA:
* I.E.S. "UNIVERSIDADE LABORAL" (Culleredo) Centro Residencial Docente, para seguir estudos nos seguintes centros:
IES "Universidade Laboral", IES "Urbano Lugrís", IES "Fernando Wirtz Suárez", CIFP "Anxel Casal", CIFP "Someso", IES "Adormideras", IES "Monte das Moas", IES "Imaxe e Son", IES “Nº 1 A Sardiñeira", IES “Agra do Orzán”, IES "Eusebio da Guarda", IES “Paseo das Pontes”, IES “Ramón Menéndez Pidal”, Escola de Arte "Pablo Picasso", Conservatorio de Música Superior e CEE “Nosa Señora do Rosario”, e nos centros privados concertados: Cervantes, Cruz Vermella, Fogar de Santa Margarida, Karbo, López y Vicuña, Nebrija, San Andrés, Caixa Galicia.
IES Universidade Laboral
15619 Acea da Ama - O Burgo (Culleredo)
Tlf: 981 660 700 
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
Publicación: DOG 10-05-2012

No hay comentarios: