martes, 28 de agosto de 2012

Aberta a convocatoria para a conferencia "Dereitos Humanos e a democracia en acción" e para a enquisa sobre a Carta de educación para unha cidadanía democrática.

Os departamentos de Xuventude e Educación do Consello de Europa, xunto coa Comisión Europea
abriron a convocatoria de candidaturas para a Conferencia “Os dereitos humanos e a democracia en
acción” e para a enquisa sobre a Carta de educación para unha cidadanía democrática.
A conferencia, que terá lugar en Estrasburgo o 29 e 30 de novembro do 2012 desempeñará un papel
decisivo na configuración do traballo do Consello de Europa en materia de dereitos humanos e educación para a cidadanía nos vindeiros anos.
Neste contexto, destacar que fai dous anos o Consello de Europa aprobou a Carta sobre a educación
para unha cidadanía democrática e a educación en dereitos humanos, marcando un importante paso
adiante na incorporación da educación en dereitos humanos na educación formal e non formal.
Agora esta institución europea abre unha enquisa sobre a dita Carta entre os asociados non gobernamentais (organizacións xuvenís, organizacións de dereitos humanos, pais e nais, asociacións de mestres, asociacións de estudantes,.....)

O prazo de inscrición para a conferencia e máis para a enquisa está aberto ata o 15 de setembro e os formularios están dispoñibles en dous idiomas, inglés e francés, no seguinte enlace:
- http://youthapplications.coe.int

No caso da Conferencia, para as consultas, os interesados poden contactar coa organización en: eyc.programme@coe.int

Máis información:
• Presentación da conferencia en inglés:
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2012/agosto2012/HRE_Youth_Call_EN_final.pdf
• Presentación da conferencia en francés
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2012/agosto2012/Call_pax_HRE_Conf_FR.pdf
• Información sobre a enquisa en inglés
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2012/agosto2012/NGO_SURVEY_EN.pdf
• Información sobre a enquisa en francés
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2012/agosto2012/NGO_SURVEY_FR_fin.pdf

No hay comentarios: