miércoles, 29 de agosto de 2012

I CONCURSO DE GRAFFITI


QUIROGAA concellería de Xuventude do concello de Quiroga, co obxetivo de promocionar e dar participación ós creadores de graffitis de calidade, como medio de expresión cultural e artística convocan o;
I CONCURSO DE GRAFFITI
Bases:
1.- Poden participar artistas, individualmente ou en grupo cun máximo de tres persoas por grupo. No caso de menores de idade, é necesaria unha autorización por parte da nai/pai/titor legal para poder participar.
2.- O tema do graffiti será “O Val de Quiroga”.
3.- O custo dos materiais a utilizar correrá a cargo do concello.
3.- Para inscribirse é necesario presentar a seguinte documentación:
* Boceto en tamaño A3 co proxecto do graffiti que se pretende realizar.
* Unha fotografía dun mural/graffiti ou obra realizada con anterioridade pola persoa ou grupo participante.
* Listado de cores e materiais que se utilizarán.
* Datos do autor ou grupo, con nome e apelidos, dni, teléfono e dirección.
Toda esta documentación presentarase nun sobre pechado na Casa de Cultura antes do venres día 21 de setembro.
4.- O día escollido para a realización dos debuxos será o sábado día 29 de setembro. No caso de malas condicións meteorolóxicas, a organización resérvase o dereito a modificar esta data.
5.- O fallo do xurado será firme e inapelable.
6.- Os gañadores/as do concurso serán tres, que realizarán os seus graffitis, que se corresponderán cos bocetos presentados ao concurso, nas inmediacións do Auditorio Municipal, en paredes coas medidas adxuntas a estas bases.
7.- PREMIOS: Os gañadores/as do concurso clasificaranse en primeiro, segundo e terceiro, e, ademáis da realización do seu graffiti, levarán;
Primeiro; 150 €uros en material.
Segundo; 75 €uros en material.
Terceiro; 35 €uros en material.
8.- Todos os gañadores/as comprométense a ceder os dereitos de propiedade intelectual do graffiti que van a realizar, ao concello de Quiroga.
9.- A organización resérvase o dereito a que o concurso quede deserto.
10.- O concello de Quiroga quedará eximido de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual puidesen incorrer os participantes.

*PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSONAL
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e o seu regulamento de desenvolvemento, informamos de que os seus datos personais recollidos neste concurso quedarán incorporados a un ficheiro de participantes e para a xestión da promoción, titularidade do concello de Quiroga, con domicilio en Quiroga, rúa Real, nº 52 e CIF P2705000D. Os datos facilitados, son necesarios para a finalidade sinalada.

No hay comentarios: