miércoles, 22 de agosto de 2012

Seminario introdutorio: Xestión de asociacións participativas e reunións de equipo

 Colaboran: O soño de Lilith e Grupo de consumo responsable A Gradicela
Un dos obxectivos de Boa Vida Inclusión Social Activa, é facernos referentes no mundo asociativo das persoas en situación de pobreza e exclusión, na consecución deste obxectivo atopámonos con moitos, atrancos un deles, común a todas as organizacións, e a falla de formación en organización das persoas que participamos, por isto decidimos ofertar este seminario, que esperamos mellore a nosa capacidade organizativa e nos axude a seguir camiñando con outras organizacións para acadar o obxectivo colectivo de construír unha sociedade mais xusta, dende as nosas vidas e organizacións.
 Datas: 28 e 29 de agosto de 10 a 13:30 h.
Lugar: Asociación A Gradicela, r/ Cruz Vermella 16, Pontevedra
Custe: Gratuíto para socios de Boa vida, Lilith, e A Gradicela 
5 euros para non socios.
Nota. Asociarse a Boa Vida non ten cota.
Inscricións: por orde de chegada:
Limite de prazas: 15.
Datos: Nome e apelidos, tel., mail e DNI no caso de solicitar certificado.
Tel.: 664107089 
PROGRAMA
 Martes 28 de agosto
 10. 00 – Presentación
10: 15- A xestión participativa das asociacións
Planos estratéxicos e estatutos. Formulación de propostas
10:45 – Exercicio práctico en grupos
11:15 – Descanso
11:30 – Posta en común
12:30 – Elementos clave da xestión exitosa e participativa
(Programación, avaliación, asembleas, xunta directiva, liderados, finanzas, tesourería, recursos humanos, secretaria vogalías e presidencia)
13:15 – Debate
 Mércores 29 de agosto
 10:00 - Presentación
10:15 - Xestión de reunións participativas
10:45 - Exercicio práctico.
11: 15 - Descanso
11:30 – Posta en común.
12:30 – Elementos clave das reunións exitosas e participativas
Comunicación, secretaría, orde do día, organización, superación dos vicios
13:00 – Debate
13:15 – Avaliación e peche

Para facernos chegar información que teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002 Pontevedra

ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367
 

No hay comentarios: