martes, 28 de agosto de 2012

Integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas

A Consellería de Traballo e Benestar convoca (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120827/
AnuncioCA05-210812-0004_gl.pdf) subvencións para promover a integración laboral das persoas
con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de
Galicia a través dos seguintes programas:
– Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
– Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta orde serán as persoas con discapacidade desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego non ocupadas, así como os traballadores e as traballadoras con discapacidade, incluídos/as os/as procedentes de centros especiais de emprego.
As solicitudes poderán tramitarse a través de: https://sede.xunta.es co procedemento TR343A.

•Prazos:
Os prazos de presentación de solicitudes do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria serán os seguintes:
a) As solicitudes de axudas á contratación poderanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2012.
b) As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2012.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas
solicitudes será ata o 27 de setembro de 2012.

O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo será ata o 27 de setembro de 2012.

Máis información no DOG do 27 de agosto de 2012

No hay comentarios: