lunes, 6 de febrero de 2012

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- FINDESKI LEITARIEGOS

FINDESKI LEITARIEGOS é un programa perfecto para iniciarse na práctica dos deportes de inverno, ou facer unha escapada para non perder as habilidades de esquí ou snowboard, no que, como titulares do carné xove, podedes beneficiarvos dun desconto na cota de participación.


PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comeza o día 7 de febreiro ás 9:00 horas.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.

Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.

No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.

No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
•    Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
•    Fotocopia escaneada do carné xove en vigor.
•    Fotocopia escaneada do DNI.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- FINDESKI LEITARIEGOS
2 noites/2 días de esquí

QUENDAS:
Febreiro: 17-19/ 24-26
Marzo: 2-4/ 9-11/ 16-18/ 30- 1 abril
Abril: 6-8 (posible cambio de aloxamento, mantendo distancia e categoría)

PARTICIPANTES: Titulares de carné xove
Máximo 52 prazas por quenda.
Mínimo 38 prazas por quenda

TARIFAS:
150 €/persoa (con carné xove en vigor)

LUGARES DE SAÍDA:
Santiago/Lugo

PROGRAMACIÓN:
VENRES: Saída as: 17.00 de Santiago. As :18.30 recollida en Lugo. Acomodación no hotel e cea.
SÁBADO: As: 9.15 estamos en Villablino para alugar o material, 2 horas de clase de esquí en grupo. Esquí libre. Ao peche da estación volta para o hotel de Vega de Espinareda.
Domingo: As:10.00 estamos na estación. Esquí libre. Ao peche da estación, devolveremos o material. Volta para Galicia.

INCLÚE:
Bus durante os 2 días desde orixe.
2 noites no hotel** en VEGA DE ESPINAREDA.
Habitacións dobres e triples en Media Pensión.
2 HORAS DE CLASE DE ESQUÍ
Forfait durante 2 días.
1 Guía de viaxe.
MATERIAL DE ESQUÍ durante os 2 días
SEGURO DE ACCIDENTES

OPCIÓNS:
Clases de snow: consultar.
Clases adicionáis: consultar.
Material de snow: +16 euros

Para máis información:
Servizo de Xuventude de Ourense
Teléfonos de contacto:    988 386 116
988 386 120

D.X. de Xuventude e Voluntariado
Teléfono de contacto:    881 999 194

No hay comentarios: