viernes, 10 de febrero de 2012

II Programa de Emplea Talento


II Programa de Emplea Talento para o achegamento dos mozos e mozas ao mundo directivo

 Enmarcado no proxecto Emprende, o vindeiro 28 de febreiro desenvolverase o segundo proxecto de Emplea talento no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas – Ourense), organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración con APD (Asociación para el progreso de la dirección).
 O prazo de inscrición estará aberto desde o 9 ata o 24 de febreiro e as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo.
 Co programa Emplea talento preténdese unir baixo un mesmo abano  a estratexia da administración pública, neste caso da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e  de diversas empresas, como o caso de APD, para que o talento da xente moza quede no territorio da nosa comunidade autónoma, ofrecendo á xuventude unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos proxectos empresariais e o espíritu emprendedor dos mozos e mozas da espazo transfronteirizo.
 Para finalizar a xornada, o programa desenvolverase no Espazo Ágora: un punto de encontro que permite as relacións, o intercambio de ideas, a información  o coñecemento a través de actividades paralelas: un espazo de asesoría, como presentar un currícolo, como afrontar unha entrevista laboral, a mellor adas habilidades de traballo ene quipo  a través da elaboración de pratos.
 Enlace:
 http://xuventude.xunta.es/201202096411/ii-programa-de-emplea-talento-para-o-achegamento-dos-mozos-e-mozas-ao-mundo-directivo.html

No hay comentarios: