viernes, 10 de febrero de 2012

O Club de Lectura

 
Enlace á Presentación do libro:


O pasado 23 de xaneiro comezou a súa andaina o Club de Lectura da residencia do CIFP A Granxa.
O club está formado por 11 rapazas e rapaces que teñen en común un grande interese pola lectura e pola cultura en xeral. O noso propósito é disfrutar todos xuntos dunha boa lectura e, como non, pasar un rato agradable.
O libro que estamos a ler é “El ocho” de Katherine Neville. Este libro trata sobre unha alta executiva experta en ordeadores (Catherine Velis), que se ve atrapada sen querelo na búsqueda dun lexendario xadrez que pertenceu ó emperador Carlomagno. O campión soviético deste xogo, de xira por Nova York, advírtelle do grave risco que corre se se empeña en atopar as pezas, pois nelas reside a clave dunha antiga fórmula ligada á alquimia, á masonería e aos poderes cósmicos.
Nesta primeria sesión debatemos sobre aqueles aspectos que nos resultaron máis interesantes dos capítulos lidos. Tamén fixemos un breve repaso á biografía  dos personaxes do libro a través de imaxes e breves apuntes históricos (se queredes podedes ver a presentación en power point no arquivo adxunto).
Sen dúbida trátase dun libro moi ameno e intrigante, no que nos agarda moitas sorpresas nos vindeiros capítulos.
A todos os membros do club vos espero o próximo luns 13 de xaneiro na aula nº1 de recursos; e para todos aqueles que aínda non nos coñecedes se queredes participar aínda estades a tempo; estades invitados.

1 comentario:

Losal dijo...

Para mi es buena forma de que los residentes podamos pasar un rato agradable y desconectar del trabajo, y que mejor manera que con un libro!
Espero que le club siga adelante este año y muchos mas!!