martes, 14 de febrero de 2012

Cursos gratis de lingua árabe con inmersión cultural. Tetuán, Marrocos.

Os cursos serian de dous niveis: "Inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "Medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno.

Máximo de 15 alumnos por curso.
Solicitudes dirixidas a: institutoandalusi@gmail.com
Prazo de solicitude: ata 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas.
Datas dos cursos:
  • Do 03 ao 09 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril
  • DO 10 ao 16 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril
  • Clases de luns a venres, de 9 a 13 horas, en DAR LOUGHAT.
O grupo concentrarase o domingo, no porto de Tarifa (Cádiz), ás 4 da tarde, para saír no Transbordador das 5 da tarde con destino ao porto de Tánxer. A volta, o sábado pola mañá dende o porto de Tánxer con destino Tarifa. Recollida de billetes ida e volta a nome de cada un, mais ficha de entrada (branca) e saída (amarela) no mostrador de FRS, situado na entrada das oficinas do porto.
Importe do billete do transbordador ida e volta 70 €.
A chegada será sobre as 6 da tarde ao porto de Tánxer (as cinco en Marrocos), onde estará Zayd Benaboud (Director do centro DAR LOUGHAT) ou un representante, para recollervos e trasladarvos ao Hotel de Tetuán e responder a cantas dúbidas teñades.

Máis información en www.institutoandalusi.es e www.embajada-marruecos.es/default2.htm (Departamentos embaixada: Cultura)

No hay comentarios: