miércoles, 3 de julio de 2013

PROGRAMA ACTIVA 2013


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, presenta por terceiro ano consecutivo os obradoiros Activa 2013, acordes ao eixo transversal de formación e información do Plan Estratéxico de Xuventude.
Estes obradoiros constitúen unha acción formativa no ámbito da educación non formal e teñen como obxectivo proporcionarlles aos mozos e mozas ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega. Entre os temas centrais que se desenvolven nos obradoiros deseñados destacan os seguintes: empregabilidade, participación xuvenil, coaching, comunicación, información sobre recursos para a mocidade, voluntariado, asociacionismo, mobilidade xuvenil etc.
A diversidade destas accións formativas responde ás solicitudes formuladas polos distintos axentes aos que van dirixidas (entidades xuvenís, grupos de mozos e mozas, concellos…), á experiencia adquirida en edicións anteriores e á análise das necesidades formativas da mocidade galega no ámbito da educación non formal non cubertas por outras actividades e programas impulsados polas distintas administracións.
Estes obradoiros están destinados aos mozos e mozas de ata 30 anos, os/as animadores/as xuvenís, os/as concelleiros/as de xuventude, as asociacións, os grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.
Os obradoiros Activa 2013 nacen como continuación do programa Activa e desenvólvense en oito eidos clave, que son os seguintes:
1.-Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching. Un momento para a reflexión nestes tempos axitados. Experiencias e ideas que invitan á acción e que apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara ao éxito.
2.- En materia laboral, un obradoiro monográfico teórico-práctico sobre a entrevista de traballo, que é unha parte moi importante no proceso selectivo de moitas empresas. Tipos de entrevistas e preparación previa. Como elaborar un currículo e outras moitas cousas de carácter fundamental á hora de atopar emprego.
3.-Obradoiro de achegamento aos programas, recursos e axudas da UE en materia de xuventude. Traballarase no ámbito do voluntariado, da mobilidade, das prácticas formativas e do emprendemento.
 4.-Obradoiro monográfico que trata de achegar os dereitos a as obrigas das persoas voluntarias, así como os das entidades que realizan voluntariado. Difusión dos novos certificados da acción voluntaria e dos programas de voluntariado da Administración pública.
 5.-Obradoiro sobre creación e mantemento dunha asociación xuvenil. Lexislación, obxectivos, xestión de actas e socios, orzamentos etc.
 6.-Monográfico sobre o discurso público e a oratoria. Traballarase a preparación dun discurso, a transmisión de ideas, a comunicaron non verbal e a actitude da persoa oradora.
 A formación no ámbito da educación non formal é un claro valor en alza e ten unha relación clara na mellora da empregabilidade da mocidade, constituíndo un complemento valioso no eido curricular, tal e como testemuñan os estudos realizados por institucións como a Comisión Europea ou o CXE.
A duración estimada de cada un destes obradoiros é de dúas horas e de carácter presencial.
Seguindo o espírito iniciado en edicións anteriores, as accións formativas contidas en Activa 2013 ofertaránselles directamente aos concellos galegos, co obxectivo de facilitar a participación de todas aquelas persoas interesadas.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 26 de xullo de 2013.
 Para máis información:
. Teléfonos: 981 544 866/ 981 957 057

No hay comentarios: