jueves, 4 de julio de 2013

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2013/14


deportesA Consellería de Cultura convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2013/14.
1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.
2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo, ou nivel II, na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel e cumprir os requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo, ou nivel II, da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.
A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas ata o día 17 de xullo de 2013.
Desenvolvemento das probas:
Desenvolveranse no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela:
a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 horas ás 13.00 horas.
A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
– Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 5 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 6 de setembro ás 10.00 horas.
– Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 6 de setembro ás 9.00 horas.
– Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES A Farixa en Ourense, o día 9 de setembro ás 10.00 horas.
–Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 10 de setembro ás 9.00 horas.
–Na modalidade de hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz- Balneario, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.
– Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 13 de setembro ás 10.00 horas.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED318A
Máis información no DOG do 4 de xullo de 2013 e en www.edu.xunta.es

No hay comentarios: