miércoles, 10 de julio de 2013

Ciclo de obradoiros emprendemento rural


No marco do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha un ciclo de obradoiros para emprendemento no rural.
Son obxectivos deste ciclo de obradoiros:
-Fomentar a xeración de emprego e autoemprego entre mozos e mozas que conten con diversos perfís académicos e profesionais dando a coñecer a diversidade de oportunidades existentes e vinculadas aos distintos sectores económicos.
-Promover a dinamización, a diversificación económica achegando ferramentas de apoio os que desexen iniciar un proxecto laboral por conta propia.
-Contribuír á xeración e divulgación dun novo medio rural, lonxe dos estereotipos tradicionais (incomunicación, falta de oportunidades laborais, carencia de servizos básicos).
-Optimizar o aproveitamento de recursos produtivos existentes no medio rural.
O ciclo consta de tres obradoiros :
1 Emprender no rural transfroteirizo (sectores emerxentes e oportunidades de negocio),  4horas.
2 Xestión do emprendemento no rural transfronteirizo (recursos e especifidades), 5 horas.
3 Panel de experiencias (casos de éxito de emprendemento rural), 4 horas.
Os obradoiros desenvolveranse os días 29,30 e 31 de xullo de 2013 en Xinzo de Limia (Ourense)
As persoas que non participen no ciclo completo e sexa do seu interese algún dos obradoiros debe facelo constar na solicitude.
Destinatarios: mozos e mozas entre 18 e 35 anos.
Número de participantes: 20 por obradoiro
Prazo para solicitar: ata que se cubran a totalidade das prazas.
Horario : De 9h a 13 h os obradoiros de 4 horas de duración e de 9h a 14h os obradoiros de 5 horas.
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (avda. de Curros Enríquez,15)
As prazas serán cubertas por orde de inscrición. Os/as participantes seleccionados/as recibirán un correo de confirmación.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado facilitará a cada participante un dossier de documentación sobre os contidos da xornada.
Para mais información: roteiros.ctb@xunta.es
Teléfonos 981 544 645,  981 544 854 e 981 541 688

1 comentario:

Unknown dijo...

Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /