A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. Liñas de axuda: Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións. Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades. Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade. Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2013. Máis información no DOG do 2 de xullo de 2013 e en http://igualdade.xunta.es |
miércoles, 3 de julio de 2013
Axudas ás asociacións de mulleres
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario