lunes, 1 de julio de 2013

Europa na miña Rexión


europe_in_my_regionA Comisión Europea convoca o concurso de fotografía Europa na miña Rexión
Descobre proxectos cofinanciados con Fondos Europeos e gaña un premio, co obxectivo de celebrar os proxectos que están a ter un impacto real á hora de mellorar as vidas dos cidadáns e beneficiar á túa comunidade local.
Para participar neste concurso fotográfico comparte un máximo de 3 fotografías dalgún proxecto cunha placa ou cartel da Unión Europea nos que se mostre o financiamento e unha bandeira da Unión Europea nalgún lugar visible.
Os fotografías gañadoras serán elixidas mediante votación popular e por un xurado constituído por profesionais do mundo da comunicación e da fotografía.
O premio consiste nun equipo fotográfico por valor de 1.000 € e unha viaxe a Bruxelas en outubro para dúas persoas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2013.
Máis información no facebook da Comisión Europea: https://www.facebook.com/EuropeanCommission/app_386310531430573

No hay comentarios: