lunes, 10 de marzo de 2014

TALLER ECOLÓXICO: RECICLANDO PAPEL

Seguimos coas actividades na Residencia. Durante xaneiro e febreiro, adicamos algunhas tardes a reciclar papel. O proceso é como seguinte:

PRIMEIRO DÍA:
  1. Facer tiras de papel e logo cachiños.
  2. Poñelo en auga quente, cubrindoo.
SEGUNDO DÍA:
  1. Pasar a batidora a mistura anterior ata que se faga unha pasta.
  2. Nun balde grande ir votando auga e pasta, segundo o groso que desexemos facer o papel.
  3. Coller unha cantidade de pasta e facela esparcir no bastidor de malla (cribo).
  4. Deixar escurrir.
  5. Dispoñer dun pano absorbente con un trapo de algodón encima.
  6. Voltear a pasta escurrida sobre o anterior.
  7. Polo outro lado absorber a auga sobrante con outro pano absorbente, ata que poida retirarse o cribo.
  8. Colgar e deixar secar un ou dous días, nunha corda e suxeito con pinzas.
MATERIAL NECESARIO
  • Papel
  • Auga
  • Cubo
  • Balde grande
  • Panos absorbentes e trapos de algodón
  • Pinzas e corda
Pariciparon Bárbara, Adrián Silva, Esteban, Miriam, María, David Rodríguez, Benigno, Sergio, Ángel e Raquel.
Estas son algunhas imaxes do primeiro día:
Cribado da pasta


Secado 1
Secado 2

Secado 3



No hay comentarios: